Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 18/09/2025 a les 12:04h

21 de setembro: Eliminación de robinia invasora no río Tins (Serra de Outes)

Este sábado 21 as Brigadas voltan con forza ao proxecto de restauración fluvial do río Tins, co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes no treito final antes da desembocadura no Esteiro do Tins, na ría de Muros e Noia (Rede Natura 2000).

A convocatoria do sábado 21 de SETEMBRO enmárcanse no proxecto ReNatur_Outes e XVIII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos, e nelas eliminaremos os últimos pes de robinia (Robinia pseudoacacia) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor, e apañando algún lixo presente na contorna. Ao acabar, teremos petiscos na Casa da Cultura da Serra de Outes, con posibilidade de gozar pola tarde da praia de Broña ou da Devesa de Chacín (teremos sol!)

Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 19 de SETEMBRO.

A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 13:30 aproximadamente, cando prepararemos unha merenda/albaroque á beira do río ao pé da Casa da Cultura.

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/21-de-setembro-eliminacion-de-robinia-invasora-no-rio-tins-serra-de-outes/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 26/08/2025 a les 10:41h

30 de agosto: última deseucaliptización do verán en Froxán (Lousame)
Logo dos traballos, baño e alboroque! As actividades encádranse no proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Logo de varios meses de actividade intensa, a Fundación Montescola organiza en Froxán o seu último voluntariado de deseucaliptización o sábado 30 de agosto. Nesta convocatoria as Brigadas abren unha nova fronte, eliminando eucalipto nunha parcela que ardeu no lume de 2006 e que ficou intacta até o de agora, tendo unha alta densidade de frondosas que axudaremos a consolidar.

A roga terá lugar de 09:30 a 14:00, rematando cun baño refrescante e o tradicional albaroque.

O prazo para se apuntar é o xoves 28 de agosto. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!

https://www.verdegaia.org/wp/30-de-agosto-ultima-deseucaliptizacion-do-veran-en-froxan-lousame/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 29/07/2025 a les 08:32h

3 de agosto: deseucaliptización, baño e arandos en Froxán (Lousame)

As actividades encádranse no proxecto CAPRIF-CC

Comeza ben o mes de agosto cunha deseucaliptización en Froxán (Lousame) para o domingo 3, coa Fundación Montescola. Nesta xornada pretendemos acabar de tombar os eucaliptos que rodean a turbeira de Campos de Lamas. A roga terá lugar de 10:00 a 14:00, rematando cun baño refrescante, o tradicional albaroque con produtos locais e, na parte da tarde, unha degustación (e recollida benéfica –opcional) de arandos.

O prazo para se apuntar é o xoves 31 de xullo. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/3-de-agosto-deseucaliptizacion-bano-e-arandos-en-froxan-lousame/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 22/07/2025 a les 10:38h

26 de xullo: eliminación de mimosa en Piñeira (Courel)

Na noite anterior, Minnemann Blues Band en Esperante, co festival CourelSon 2025

As Brigadas voltan ao Courel da man do proxecto CAPRIF_CC, para eliminar mimosa en Piñeira (Folgoso do Courel). A xornada terá lugar o sábado 26 de xullo de 10:00 a 14:00 e seguirá o tradicional xantar de alboroque que desta volta organiza a Asociación Galega de Custodia do Territorio e Montescola.

Para que goste de jazz, na noite antes terá lugar xusto ao lado en Esperante unha das sesións do festival CourelSon 2025 coa Minnemann Blues Band, que ofrecerá un concerto de balde a partir das 20:30. Hai diversas posibilidades de aloxamento en Seoane do Courel e nas proximidades.

O prazo para se apuntar é o xoves 24 de xullo. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org ou usar o seguinte formulario online.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/26-de-xullo-eliminacion-de-mimosa-en-pineira-courel/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 15/07/2025 a les 07:35h

19 e 20 de xullo: eliminación de invasoras en Baroña e Froxán

As actividades encádranse nos proxectos “Laboratorio Ecosocial do Barbanza” e “De Monte a Monte”

As Brigadas voltan ás comunidades de Baroña e Froxán para continuar os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras coa Fundación Montescola. En Baroña, no sábado 19, machacaremos rebrotes de eucalipto e acacia nunha encosta na que as Brigadas xa plantaron centos de frondosas o pasado mes de febreiro. En Froxán, o domingo 20, acabaremos de tombar os eucaliptos que rodean a turbeira de Campos de Lamas. En ambos os dous casos, a roga terá lugar de 10 a 14h., rematando cun albaroque con produtos locais.

O prazo para se apuntar nas dúas xornadas é o xoves 17 de xullo. Indícanos a cal das dúas xornadas vas vir (ou se virás ás dúas!). Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org.

No sábado á tarde a Comunidade anfitrioa presentará o proxecto pioneiro do Centro de Transformación de Alimentos do Barbanza, mentres que no domingo organízase unha formación sobre cultivo de arandos (e unha recollida benéfica) encadradas no proxecto Erasmus+ transfronteirizo De monte a monte.
https://www.verdegaia.org/wp/19-e-20-de-xullo-eliminacion-de-invasoras-en-barona-e-froxan/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 07/07/2025 a les 07:58h

Non perdas esta historia que publica a equipa de Teaming en Instagram sobre a historia e o traballo das Brigadas deseucaliptizadoras desde a súa orixe en Froxán (Lousame)


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 04/07/2025 a les 10:13h

Estrea de “Alboroque” no festival Curtocircuito (Santiago) o 5 de xullo

Sabrina Fernández Casas convídanos á estrea da súa curta Alboroque, que se centra na iniciativa das Brigadas Deseucaliptizadoras a través das súas protagonistas. Será no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o sábado 5 de xullo, dentro da sesión de curtas que comeza ás 17:30h.

Brigadas activistas organizan unha resistencia ecolóxica contra as plantas destrutivas e a maleza descoidada que rodean as súas aldeas en Galicia.As limas que empregan para afiar as súas motoserra proceden dunha fábrica de metal en Suíza.A través destes dous territorios desenvólvese unha narrativa inesperada, moldeada pola migración e o activismo ecolóxico, que entrelaza o persoal co político.

Máis información e entradas en: https://www.curtocircuito.org/sesiones/planeta-gz-2


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 30/06/2025 a les 07:53h

5 e 6 de xullo: Formación sobre control de invasoras no Araño (Rianxo) e Froxán (Lousame)
Sábado 5: formación sobre xestión e control de plantas exóticas invasoras (Araño, Rianxo)

Elizabete ("Beta") Marchante é sen dúbida das maiores expertas en invasoras arbóreas na península ibérica, e ten colaborado desinteresadamente coas Brigadas durante anos axudándonos a mellorar as técnicas e estratexias. Temos o pracer de a ter conosco o próximo sábado 5 nunha xornada formativa sobre xestión e control de plantas exóticas invasoras que organizamos co proxecto CAPRIF_CC.

Podedes apuntarvos até o xoves 3 neste formulario de inscripción.

De 11 a 13:30h. teremos unha sesión con ela no Local Social do Araño, seguida dunha visita de campo (opcional) por Rianxo a partir das 16h. Se queredes ficar a comer na Parrillada Barbanza (tamén no Araño) avisade (menú 15€) con un email a info@montescola.org


Domingo 6: xornada práctica de xestión de plantas exóticas invasoras (Froxán, Lousame)

Beta tamén nos acompañará o domingo 6 en Froxán para unha xornada práctica na que visitaremos algúns dos focos de invasoras que quedan no monte para deseñar estratexias de intervención e ensaiar os métodos de control e xestión. Desta volta a xornada será de 10 a 14h. e ao finalizar teremos o tradicional xantar de alboroque. Na parte da tarde visitaremos a plantación de arandeiras.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 3 de xullo).

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/5-e-6-de-xullo-formacion-sobre-control-de-invasoras-no-arano-rianxo-e-froxan-lousame/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 25/06/2025 a les 07:40h

28 de xuño: Eliminación de acacia e robinia no río Tins (Serra de Outes)

Este mes de xuño as Brigadas voltan con forza ao proxecto de restauración fluvial do río Tins, co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes no treito final antes da desembocadura no Esteiro do Tins, na ría de Muros e Noia (Rede Natura 2000).

A convocatoria do sábado 28 de xuño enmárcanse no proxecto ReNatur_Outes, xestionado pola Fundación Montescola e nelas eliminaremos pes de mimosa (Acacia dealbata) e robinia (Robinia pseudoacacia) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. Ao acabar, teremos petiscos na Casa da Cultura da Serra de Outes, con posibilidade de gozar pola tarde da praia de Broña ou da Devesa de Chacín.

Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o xoves 26 de xuño.

A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 13:30 aproximadamente, cando prepararemos unha merenda/albaroque á beira do río.

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/28-de-xuno-eliminacion-de-acacia-e-robinia-no-rio-tins-serra-de-outes/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 10/06/2025 a les 15:50h

Sábado 21 de xuño: deseucaliptización e ecovisita en Froxán (Lousame)
O sábado 21 de xullo será lugar unha xornada especial en Froxán, na que adicaremos a mañá a eliminar rebentos de eucalipto na zona na que se cortaron os pés o verán pasado e se plantaron frondosas este inverno, así como a continuar a eliminación de eucalipto na contorna da turbeira de Campo de Lamas, agora incluida oficialmente no Rexistro de Zonas Húmidas da Galiza.

Na parte da tarde, logo do xantar de albaroque, faremos unha ecovisita para repasar os avanzos de 8 anos de voluntariado ambiental coas Brigadas neste territorio que comezará no punto onde se lanzaron as Brigadas en abril de 2018. No fin, teremos a estrea mundial do documentario de Rafa Xaneiro "Recuperar o monte": https://www.youtube.com/watch?v=JEu24d6Wkhw

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 19).https://www.verdegaia.org/wp/sabado-21-de-xullo-deseucaliptizacion-e-ecovisita-en-froxan-lousame/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 30/05/2025 a les 10:18h

Novo recoñecemento ás Brigadas Deseucaliptizadoras!

O Movemento Veciñal Fousas ao Monte e a Comunidade de Monte Veciñal en Mancomún O Fieitoso (Taragoña, Rianxo) entrega ás Brigadas Deseucaliptizadoras un recoñecemento pola defensa do colectivo e comunitario, así como pola loita por un territorio vivo e habitado, libre de invasoras e do dominio de extracción por lucro.

O acto terá lugar o Sábado 31 de Maio en Filgueiras, Taragoña, ás 13:30h, no marco da IV edición da ROMARÍA DAS FOUSAS.
A Romaría das Fousas

O monte de Filgueiras acolle o sábado 31 de maio a IV Romaría das Fousas, organizada polo colectivo Fousas ao monte ao abeiro do seu incansábel traballo pola difusión e o impulso dunha xestión alternativa do monte, sustentábel e afastada do monocultivo.

O programa de actividades inclúe deporte, música e faladoiros para desfrutar dunha xornada festiva e reinvindicativa no noso monte.

No transcurso do evento entregaranse os Premios Fousellos de Ouro, que recoñece o labor de persoas ou entidades que están a traballar, dende o asociacionismo ou o voluntariado, pola mellora da biodiversidade, a loita contra as especies invasoras e a xestión ordenada e sostíbel do monte e do territorio. O premio será entregado ás Brigadas Deseucaliptizadoras e no seu nome recollerao Joám Evans como coordenador das brigadas.

https://verdegaia.org/brigadas/archivos/1336


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 30/05/2025 a les 08:02h

Sábado 7 de xullo: desacaciación en Leiro (Rianxo)

As Brigadas voltan ao monte veciñal de Leiro cunha nova intervención que terá lugar o sábado 7 de xuño de 10 a 14h. na que descacaremos varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), nunha zona cun inmenso patrimonio arqueolóxico (máis dunha ducia de mámoas e petroglifos).

Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo e, de tarde, as participantes poden quedar nalgunha das praias da parroquia como a das Cunchas ou Porrón.

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 5 de xuño enviando un email a info@montescola.org

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 20/05/2025 a les 14:01h

24 de maio: As Brigadas voltan a Doade
E, pola tarde, andaina e ruada con música e petiscos

As Brigadas voltan a Doade o sábado 24 de maio para seguir axudando a pór en valor o patrimonio cultural e natural… e pola noite ruada con música, empanada e viño!
Os comuneiros e comuneiras de Doade (Beariz, Terra de Montes) continúan precisando da nosa axuda para por en valor varios elementos do patrimonio cultural e natural do seu monte veciñal. Para iso acondicionaremos 5 camiños do monte de Doade: a congostra do Portiño, o camiño das Mitueiras, o camiño do Portafeixa ao Portoespiño, a congostra de Abaixo ou dos Barreiros e o camiño a ponte da Pena.
Durante toda a xornada estaremos de novo acompañados por Pichi (Loita Verde), experto en fauna e flora.
Para apuntarse é preciso enviar un email antes do xoves 22 de maio ao enderezo electrónico: symbiosexestion@gmail.com
Programa

9:30h Punto de encontro na Praia fluvial de Doade, café e almorzo, preparar as ferramentas
10:00h Saída ao monte desde a praia fluvial
14:00h Volta a praia fluvial
14:30h Xantar na casa do Pobo de Doade. Menú sorpresa, viño do Rosal, auga da fonte do Farauto, café e licores
17:30h – 20:00h Andaina por “Doade Vello”, polos 5 camiños xa limpos e volta a casa do pobo
A partir das 20:30h Ao remate animamos a toda a xente a asistir á Ruada de Doade no adro da capela.

¿Qué fai falla traer?
Auga para hidratarse, roupa e calzado adecuado para andar polo monte, luvas, lentes de protección e tamén alguna ferramenta manual como sacho, tesoira de poda, serrote, fouce, machada, capacho… Disporemos dalgunas ferramentas e tamén de motoserras e rozadoiras para a xente mais intrépida. Trae o que necesitas para darte un chapuzón na fervenza do Porto de Anta e a túa pandeireta para a Ruada.
Avisa no email de inscrición que ferramentas vas traer, se es vegana, vegetariana ou se comes de todo e tamén se tes unha alerxia alimenticia que deberíamos ter en conta. Tamén avisa se precisarías ter aloxamento privado na zona de venres a sábado ou de sábado a domingo.

Son anfitrioas da II Brigada en Doade a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Doade, SOS Suído Seixo/Mina Alberta NON, coa colaboración de Symbiose Xestión Natural S.Coop Galega (A Lama)

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 12/05/2025 a les 07:45h

17 de maio: comeza a desaucaliptización do Monte de Rois

Logo do xantar realizarase un roteiro para coñecer a contorna natural do monte

As Brigadas deseucaliptizadoras estréanse o próximo sábado 17 de maio no Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cubela e Rois (no concello de Rois) coa Fundaçao Montescola, cunha acción de machaque de rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira. A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do rego dos Muíños de Buxán, a poucos metros da espectacular fervenza de Rois.

Os traballos correrán de 10:00 a 14:00, máis partiremos puntualmente ás 9:30 do punto de encontro para realizar a pé o percorrido final até a zona de traballo. A Comunidade ofrecerá o tradicional xantar de albaroque no adro da Igrexa de San Mamede de Rois. Logo do albaroque, haberá un roteiro polo monte.

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 15 de maio enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://verdegaia.org/brigadas/archivos/1316


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 09/05/2025 a les 15:19h

Recuperar o monte: Documentario das Brigadas en Teo o sábado 17 de maio

O Sábado 17 de Maio co Colectivo a Rula, ás 19h. no Local social do colectivo en Agoso, Oza (Teo)

Documentario de Rafael Xaneiro, producido por Verdegaia coa colaboración da Fundação Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. Presenta as “Brigadas Deseucaliptizadoras”, iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:

Vemo-nos no Monte 2021-2023 (coa Fundação Montescola e a Associação À Escuta)
De Monte a Monte 2024-2026 (coa Fundação Montescola e a Associação Veredas da Estrela)

Na actualidade conta cunha base de datos de 1.500 brigadistas que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.

O vídeo pode verse no canal de youtube de Verdegaia: https://youtu.be/JEu24d6Wkhw?si=90GG2e2T8auz9Nxi


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 03/05/2025 a les 09:33h

10 de maio: As Brigadas axudan a por en valor o patrimonio cultural de Doade

E, pola tarde, andaina e ruada con música e petiscos

Os comuneiros e comuneiras de Doade e Xirarga (Beariz, Terra de Montes) precisan da nosa axuda para pór en valor e catalogararios elementos do patrimonio cultural e etnográfico do seu monte veciñal. Para iso acondicionaremos o acceso ao muiño Portafeixa, e a dous muíños que só descubriredes se vides, pasaremos pola ponte da Portafeixa co seu camiño empedrado, o pontillón do Portoespiño e algúns elementos da contorna. Tamén acondicionaremos o acceso a unha galería das antigas minas de volframio, para coñecer a biodiversidade que habita na galería.

Facemos un amplo chamamento a todas as persoas observadoras e coñecedoras de fauna e flora para acompañarnos durante toda a xeira, así coma fotógrafas e naturalistas para documentar os muíños, a ponte, o camiño e a fauna e flora local.

Para apuntarse é preciso enviar un email antes do xoves 8 de maio ao enderezo electrónico: symbiosexestion@gmail.com

Este será o programa da xornada:

9:30h Punto de encontro na praia fluvial de Doade, café e almorzo, preparar as ferramentas

10:00h Saída ao monte dende a praia fluvial.
Durante toda a xornada estaremos acompañados por Pichi do colectivo Luita Verde, coñecedor de plantas e animais protexidos e en especial anfibios.

14:30 Volta a la praia fluvial de Doade

15:00-17:00: Xantar na Casa do Pobo de Doade. Haberá ensalada de pasta e Finsadinha pra comer, viño do Rosal e auga da fonte do Farauto. Non esquezas traer o teu instrumento e moitas ganas de botar uns bailes!

17:00h-19:00 Andaina para coñecer o espazo da futura Aula-observatorio da Natureza.

A partir das 20:00 Ao remate animamos a toda a xente a asistir á Ruada do Seixido, música e petiscos de balde! Non faltes! Organizado polas pandereteiras Nabal da Prata (O Seixido).

Que fai falla traer?

Auga ou bebida para hidratarse, roupa e calzado adecuado pra andar polo monte, luvas, lentes de protección e tamén algunha ferramenta manual coma tesoira de poda, serrote, fouce, machada… Disporemos de algunhas ferramentas e tamén de motoserras e rozadoiras para a xente mais intrépida!


Para as brigadistas que participan na Xornada no monte veciñal de Doade crearanse Sabias (moeda social). Haberá aloxamentos e alimentos dispoñibles en Sabias pola zona.

Son anfitrioas da xornada no monte veciñal de Doade a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Doade, SOS Suído Seixo/Mina Alberta NON, coa colaboración de Symbiose Xestión Natural S.Coop. Galega (A Lama).

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/10-de-maio-as-brigadas-axudan-a-por-en-valor-o-patrimonio-cultural-de-doade/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 03/05/2025 a les 09:24h

30 de abril-4 de maio: Brigada expedicionária à Serra da Estrela (Portugal)
QUATRO DIAS DE DESACACIAÇÃO, ATIVIDADES CULTURAIS, FORMATIVAS E DE CONVÍVIO NO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ESTRELA

As Brigadas deseucaliptizadoras voltam à Serra da Estrela com o projeto transfronteiriço Eramus+ “De monte a monte: territórios resilientes” promovendo os intercâmbios de trabalho, formação, cultura e convívio entre iniciativas de combate às espécies exóticas invasoras e à construção de territórios resilientes na Galiza e Portugal, na que participamos Verdegaia e Montescola junto com a entidade parceira Veredas da Estrela.

Entre os dias 30 de abril e 4 de maio organiza-se uma nova brigada expedicionária à Serra da Estrela na que 20 brigadistas da Galiza se juntarão com outras tantas voluntárias locais para vários dias de trabalho na freguesia de Figueiró da Serra, concelho de Gouveia, dentro do Parque Natural da Serra da Estrela.

Os trabalhos e atividades realizaram-se durante toda a fim-de-semana desde o acampamento do Curral do Negro, sendo necessário trazer tenda própria e participar durante os três dias.

PROGRAMA PROVISÓRIO
30 de abril:
– Curral do Negro (Gouveia): Jantar para quem chegar já nesse dia

1 de Maio:
– 11h: Bioblitz Inventário Florestal (Figueiró da Serra)
– 15h: Workshop prático de controle de mimosas (Figueiró da Serra)

2 de Maio:
– 10h: Intervenção no Curral do Negro (Gouveia)
– 15h: Saída de campo (Serra da Estrela)

3 de Maio:
– 9h: Jornada no Soito – Prevenção de incêndios e restauro ecológico
– 15h: Oficinas em paralelo: Oficina de construção de caixas de ninho / Oficina Trabalho Florestal Seguro

4 de Maio (domingo)
– 10h30: Assembleia – Ação comunitária para prevenção de incêndios (Figueiró da Serra)
– Almoço em Figueiró da Serra

Para participar é imprescindível, além de estardes inscritas como Brigadistas, enviar um correio-e a info@montescola.org ata COMO MUITO TARDE a sexta-feira 11 de abril. As vagas são limitadas a 20 participantes do lado galego. Criará-se uma lista de espera no caso de haver mais inscrições do que vagas. Será necessário realizar um depósito para segurar a vaga.

VEMO-NOS NO MONTE!
https://www.verdegaia.org/wp/30-de-abril-4-de-maio-brigada-expedicionaria-a-serra-da-estrela-portugal/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 16/04/2025 a les 09:31h

Recuperar o monte: documentario sobre as Brigadas Deseucaliptizadoras realizado por Rafael Xaneiro
Documentario de Rafael Xaneiro, producido por Verdegaia coa colaboración da Fundación Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. Presenta as “Brigadas Deseucaliptizadoras”, iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:

Vemo-nos no Monte 2021-2023 (coa Fundación Montescola e a Asociación À Escuta)
De Monte a Monte 2024-2026 (coa Fundación Montescola e a Asociación Veredas da Estrela)

Na actualidade conta cunha base de datos de 1500 brigadistas voluntarios que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.

Podes inscribirte para participar nas Brigas en: https://verdegaia.org/brigadas/como-participar


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 04/04/2025 a les 08:47h

12 de abril: descaciamos no Araño (Rianxo) e festa da salchicha
A atividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza Non. Non é broma.

As Brigadas voltan á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Araño (en Rianxo), e desta vez nunha alianza estratéxica coa Asociación Cultural A Carballeira de Baia que propuxo a improbábel mais completamente lóxica combinación de descascar acacia negra cun albaroque inédito en plena Festa da Salchicha do Araño no que poderedes degustar salchicha fresca, salchicha vegana, criollo, paella (imaxinamos que con salchicha), salchipapas, etc., etc. Todo acompañado e/ou seguido de gaiteiros (Os Pequenos do Barbansa), xogos populares, bingo e baile. Non podíamos dicir que non.

O voluntariado da mañá forma parte do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que participa Montescola. A intervención terá lugar o sábado 12 de abril de 10:00 a 14:00, e descascaremos manualmente varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), próximas ao Campo da Festa (que é o punto de partida da actividade).

Celebraremos o xantar de albaroque nas condicións asinaladas no Souto de Buía. A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 10 de abril enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 04/04/2025 a les 08:45h

6 de abril: A desacaciación continúa na Pedra da Ra, Carreira (Ribeira)
A convocatoria forma parte do proxecto CAPRIF_CC

Logo da exitosa intervención de febreiro, a desacaciación continúa o domingo 6 de abril no Monte Veciñal en Man Común de Carreira (Ribeira), ao pé do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, onde eliminaremos eucalipto e acacia aplicando a técnica de descasque. Traballaremos nunha mancha situada ao pé do monumental miradoiro da Pedra da Ra.

A xornada irá de 10:00 a 14:00, seguida do tradicional xantar de albaroque, na Casa Forestal de Carreira. Logo da sobremesa, realizaremos unha visita ao Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal para coñecer mellor a biodiversidade que atesoura. O prazo para se apuntar é o xoves 3 de abril.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida. A actividade realízase da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/6-de-abril-a-desacaciacion-continua-na-pedra-da-ra-carreira-ribeira/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar: