Teaming - 1€/month micro donations

Traduzione in Beta Aiutaci a migliorare

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Se non fai parte di questo Gruppo, unisciti a loro e aiutali con 1€ al mese

Se sei già in questo gruppo, accedi al tuo account Teaming:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 12/03/2024  alle 11:08h

Próxima plantación de cartiñeiros, 30 de marzo en Froxán (Lousame)

A Fundación Montescola organiza unha nova plantación de castiñeiros na Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame, para o sábado 30 de marzo. Coa plantación búscase crear un cortalumes verde como parte das actividades do proxecto “Comunidade Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”, no que participa Montescola.

A plantación do sábado día 30 está aberta a todos os públicos e a todas as idades e nela plantaremos castiñeiros nunha zona na que se está combatindo a presenza de acacia. Partiremos para a zona de traballos ás 9:30. En paralelo organizaremos un obradoiro de poda forestal. Podedes apuntarvos até o xoves 28 de marzoenviando un email a info@montescola.org

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 17/02/2023  alle 16:57h

24-26 de Fevereiro: 3º encontro transfronteiriço das Brigadas

TRÊS DIAS DE DESACACIAÇÃO, DESEUCALIPTIZAÇÃO, ATIVIDADES CULTURAIS, FORMATIVAS E DE CONVÍVIO NO PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GERÊS (PT) E PARQUE NATURAL DO XURÉS (GZ)

As Brigadas Deseucaliptizadoras lançam uma nova convocatória do projeto transfronteiriço “Vemo-nos no monte!” que promove intercâmbios de trabalho, formação, cultura e convívio entre iniciativas de combate às espécies exóticas invasoras na Galiza e Portugal.

Logo das experiências na Serra da Estrela e Meira (Moanha) em 2022, nos dia 24 a 26 de fevereiro organiza-se uma brigada transfronteiriça no Baldio de Campo de Gerês e na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo (em Lóbios), situados respectivamente no Parque Nacional da Peneda-Gerês e no Parque Natural do Xerés.

Os trabalhos e atividades realizaram-se durante toda a fim-de-semana e fará-se reserva para as participantes na Pousada da Juventude do Gerês (quartos para 2 pessoas). No sábado de manhã desacaciaremos no Baldio de Campo de Gerês e no domingo de manhã continuaremos com os trabalhos de deseucaliptização no MVMC de Xurés-Riocaldo. No sábado de tarde realizará-se uma jornada formativa impartida por Elizabete Marchante, investigadora do Centro de Ecologia Funcional da Universidade de Coimbra e coordenadora do portal Invasoras.pt

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 17/02/2023  alle 16:56h

O 18-F plantamos en Cedeira (plantará de morto quen non plantou de vivo!)

En xaneiro de 2021 as Brigadas deseucaliptizadoras iniciaron o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto, eliminando eucalipto nunha parcela de 1 hectárea no lugar do Formigueiro (entre Cedeira e santo André de Teixido).

Na xornada do día 18 de febreiro acudiremos de novo a Mark Singleton, veterano brigadista, na recuperación do bosque autóctono na zona, plantando medio millar de árbores autóctonas: carballos, cerdeiras, castiñeiros, bidueiros, nogueiras e avelaneiras para as que o proxecto Life Terra acaba de apoiar para a adquisición das plantas. Xa sabedes, deseucaliptiza de morto quen non deseucaliptizou de vivo!
https://www.verdegaia.org/wp/o-18-f-plantamos-en-cedeira-plantara-de-morto-quen-non-plantou-de-vivo/

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 16/10/2022  alle 14:31h

23 de outubro: deseucaliptizamos en Vila Cova (Lousame):

As Brigadas voltan a deseucaliptizar o próximo domingo 23 de outubro na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas.
https://www.verdegaia.org/wp/23-de-outubro-deseucaliptizamos-en-vila-cova-lousame/

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 16/10/2022  alle 14:27h

2º Encontro transfronteirizo “Vemo-nos no monte” en Meira, Moaña:

Os días 7, 8 e 9 de outubro as brigadistas voluntarias de Portugal avisitannos para unha fin de semana de accións de eliminación de especies exóticas invasoras, formación e convivio en Moaña
https://www.verdegaia.org/wp/2o-encontro-transfronteirizo-vemo-nos-no-monte-en-meira-moana/

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Aggiornamenti sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 04/07/2022  alle 15:39h

Xullo deseucaliptizador en Froxán (Lousame):

Logo do éxito da força expedicionária á Serra da Estrela, as Brigadas voltan á casa con dúas accións en Froxán (Lousame) programadas para este mes de xullo.

A primeira, no domingo 10, abrirá unha nova zona de intervención eliminando eucaliptos ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territoria coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno plantaremos árbores nativas.

A roga comezará ás 09:30 da mañá logo de nos encontrar nas proximidades da aldea. Apearemos eucaliptos para preparar o terreno para plantar no inverno. Logo do xantar de alboroque, teremos un obradoiro sobre “Montes veciñais: historia e gobernanza“, como parte do proxecto de formación Erasmus+ “Vemo-nos no monte”.

A segunda intervención terá lugar o sábado 23 e nela faremos traballos de consolidación (rozas e balizamento) dunha plantación con frondosas nativas e preparación de pozas de anfibios.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves día 7 de xullo para a roga do domingo 10 e até o mércores 20 para a roga do sábado 23. Tamén podedes apuntarvos para as dúas intervencións á vez. Por favor, inscríbite só se podes vir.
https://verdegaia.org/brigadas/archivos/858

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

Domanda sulla causa
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 07/10/2019  alle 22:39h

Por un monte con futuro: plantación de árbores nativas en Froxán o 19-O e manifestación en Compostela o 20-O
https://mailchi.mp/1b758673e6f6/por-un-monte-con-futuro-roga-de-plantacin-o-19-en-froxn-manifestacin-o-20-en-compostela?e=d1378e2aec

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare:

4 Commenti
Commento
José Antonio Moldes, Teamer, il 19/05/2019  alle 01:14h

Buenas. Acabo de unirme al grupo y veo que no hay modo de hacer aportaciones extraordinarias más allá del consabido euro. Me dirijo al Team Manager para preguntarle si habéis contemplado esta posibilidad y habilitado algún medio de concretarla. Gracias, un saludo y mucho ánimo. Gran labor!

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 03/06/2019  alle 22:43h

Boas de novo José Antonio e desculpa por non responder antes: a conta está a nome da Asociación Ecoloxista Verdegaia. De momento as doazóns non desgravan xa que a asociación aínda non ten a "categoría" de asociación de interese social (aínda que hai intención de solicitala). As doazóns que se fagan a través do Teaming si son desgravábeis, as que que se fan directamente a Verdagaia non tenhen desgravación neste momento. As Doazóns realizadas a Verdegaia a nome das Brigadas destínanse ao funcionamento das mesmas. Moitas grazas de novo polo teu interese e apoio. Un saúdo

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, il 09/06/2019  alle 16:44h

Boa tarde José Antonio: indícanme desde a directiva de Verdegaia que é posíbel facer doazóns superiores e desgravábeis a través da opción de doazón de Kukumiku que foi onde se iniciou a camapaña das brigadas con "No corazón unha árbores". Aquí tes opcións de aportar o que consideres oportuno e con opción de desgravar: https://www.kukumiku.com/proyectos/amadrina-bosque-autoctono/ Grazas de novo

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare: