Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 14/03/2025 a las 19:11h

22 de marzo: Continuamos desacaciando o Santiaguiño do Monte (Padrón)

A actividade forma parte do proxecto CAPRIF_CC

As Brigadas volta a acabar o que comezaron no Santiaguiño do Monte, un lugar máxico ao pé de Padrón, onde eliminaremos o resto da acacia que están rodeando este antigo santuario precristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas e cuxa rica historia podedes coñecer aquí.

Esta xornada, que terá lugar o sábado 22 de marzo comezando ás 10:00, organízase en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en man Común de Estramundi (Padrón), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. Desta volta o día limite para se apuntar é o xoves día 20. Ao acabar celebraremos o tradicional xantar de albaroque.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 20). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 05/03/2025 a las 12:44h

15 de marzo: Poda de frondosas e control de invasoras en Taragoña (Rianxo)
Como cabras! Poda de frondosas e control de especies invasoras no Fieitoso (Taragoña)

Na parte da tarde, organízase unha visita para coñecer o proxecto de gandeiría rexenerativa con cabras da CMVMC do Fieitoso de Tarogaña

As Brigadas voltan ao Monte Veciñan en Man Común do Fieitoso, en Taragoña (Rianxo), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 15 de marzo traballaremos nunha parcela do monte na que a comunidade está rexenerando unha masa de frondosas autóctonas. As participantes aprenderán a realizar podas de formación e, en simultáneo, eliminaranse exemplares de acacia negra presentes na zona. O prazo para se apuntar é o xoves 13 de marzo.

Na parte da tarde, logo do xantar de albaroque, a Comunidade anfitrioa presentará o seu proxecto de gandaría rexenerativa con cabra para o control de especies invasoras, prevención de incendios e implicación da comunidade educativa no coidado do monte. A visita está encadrada no proxecto Erasmus+ transfronteirizo De monte a monte, na que colaboramos Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/15-de-marzo-poda-de-frondosas-e-control-de-invasoras-en-taragona-rianxo/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 05/03/2025 a las 12:43h

Marzo comeza desacaciando Vilacova
As Brigadas voltan á carga o sábado 1 de marzo na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vilacova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de acacia negra nunha zona que ardeu nos últimos anos. De tarde, descubriremos a avifauna do lugar utilizando unha aplicación de ciencia cidadá.

O punto e hora de encontro será ás 09:30 da mañá na antiga escola unitaria de Vilacova. Desde alí seguiremos até a zona de intervención. É importante estardes puntualmente á hora marcada, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos. Precisaranse navallas, coitelos e machadas.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com até COMO MOI TARDE o xoves día 27 de febreiro. Lembrade que desde a conta de correo desde a que se envían as convocatorias non se xestionarán incricións.

Na parte da tarde faremos unha xornada de ciencia cidadá centrada na identificación da avifauna do lugar, encadrada no proxecto Erasmus+ “De monte a monte” no que colaboramos Montescola, Veredas da Estrela e Verdegaia.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avisa tamén en caso de restricións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE!
https://www.verdegaia.org/wp/marzo-comeza-desacaciando-vilacova/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 11/02/2025 a las 07:54h

16 de febreiro: Voluntariado en familia para plantar frondosas en Froxán (Lousame)
Actividades guiada polas bruxas e trasnas do monte Xiroña con grande chocolatada final

O domingo 16 de febreiro a Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente, acollerá unha xornada de voluntariado en familia organizada pola Fundación Montescola, coa colaboración das Brigadas Deseucaliptizadoras, aberta a todas as idades máis con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas e bruxa do Monte Xiroña, e que finalizarán cun toque de maxía.

As crianzas e familia terán a oportunidade de plantaren unha árbore frondosa nativa (ou varias!) nas zonas onde a Comunidade ven eliminando especies exóticas invasoras. As actividades comezarán (con puntualidade absoluta) ás 10:00 e finalizarán ás 13:00 logo dunha chocolatada, que corre por conta das trasnas e bruxas no marco do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org ata o xoves 13, indicando cantas adultas e cantas crianzas virán. Isto é especialmente importante para garantir que teñamos árbores (e chocolate!) para todas as crianzas. Avisade se calquera crianza ten restriccións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 20/01/2025 a las 16:51h

8 de febreiro: as Brigadas voltan ao Barbanza con intervencións en Baroña (Porto do Son)

Febreiro chega cargado de intervencións para recuperar os ecosistemas no Barbanza, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 8 de febreiro, continuaremos os traballos no Monte Veciñal en Man Común de Baroña (Porto do Son), desta vez plantando árbores frondosas que continúen consolidando os cortalumes verdes da Comunidade. A xornada, tamén de 10:00 a 14:00, rematará cun albaroque con produtos locais. O prazo para se apuntar é o xoves 6 de febreiro.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 20/01/2025 a las 16:49h

2 de febreiro: as Brigadas voltan ao Barbanza con intervencións en Carreira (Ribeira)

Febreiro chega cargado de intervencións para recuperar os ecosistemas no Barbanza, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O domingo 2 estreámonos no Monte Veciñal en Man Común de Carreira (Ribeira), ao pé do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, onde eliminaremos eucalipto e acacia aplicando a técnica de descasque. A xornada irá de 10:00 a 14:00, seguida do tradicional xantar de albaroque. O prazo para se apuntar é o xoves 30 de xaneiro.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 16/12/2024 a las 16:57h

29 de decembro: “Roga de San Silvestre” con plantación de frondosas en Froxán (Lousame)

Como todos os anos, Froxán acolle a xa tradicional “Roga de San Silvestre”, na que redimiremos os excesos e daremos as boas entradas a 2025 plantando un milleiro de frondosas autóctonas (dependendo de cantas brigadistas vos apuntedes!) no Monte Veciñal en Man Común de Froxán, da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. Desta volta a cita ineludible está marcada para o domingo 29 de decembro, e o día limite para se apuntar é o xoves 26.

A convocatoria deste ano é moi especial pois retomaremos as plantacións de carballos, bidueiros, castiñeiros, pradairos, sobreiras, érbedos, freixos, ameneiros, teixos e outras frondosas na paraxe da Costa, onde precisamente botaron a andar as Brigadas deseucaliptizadoras en abril de 2018. Celebrarémolo ao acabar cun xantar de albaroque preparado con produtos locais pola Comunidade de Montes de Baroña, e estamos ultimando un roteiro biocultural para a parte da tarde.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 26). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

https://verdegaia.org/brigadas/archivos/1246


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 07/12/2024 a las 16:57h

14 de decembro, Restauración de bosque autóctono en zonas queimadas en Ranón (Valdés, Asturias)

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático organiza o sábado 14 de decembro unha nova xornada de voluntariado, desta vez no lugar de Ranón, en Valdés (Asturias). Nesta nova xornada, para a que tamén están convocadas as participantes das Brigadas, eliminaremos especies exóticas invasoras e colaboraremos a consolidar zonas de frondosas nun territorio que se viu afectado na última vaga de lumes.

Para vos apuntardes debedes enviar un email cos vosos datos a info@montescola.org até o 12 de decembro a máis tardar, comprometendo asistencia. A veciñanza da Asociación de Vecinos San Francisco de Ranón organizará un tradicional albaroque ao finalizar os traballos no Solar de los Ancestros (ou a cuberto se o tempo non acompaña).

Varias participantes están auto-organizando aloxamento nuns apartamentos do propio lugar para as noites do venres 13 e do sábado 14, cun prezo que variará entre os 20 e 25 euros por persoa e noite dependendo do número de persoas que se hospeden. Se tes interese en aloxarte, envía un email avisando ata o venres 6 para poder garantir a reserva.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 29/10/2024 a las 10:45h

16 de novembro: A desacaciación continúa en Lentille (O Ribeiro)
A Asociación Veciñal de Lentille convoca as Brigadas mais outra vez para insistirmos no combate constante contra o frente de mimosa que asedia a aldea e inza a comarca. Desta volta traballaremos na estrema da Levada e na ladeira das Aradas onde o esforzo brigadista tanto paseniño avance ven asentando. Tamén eliminaremos algún rebrote residual dos eucaliptos retirados hai un par de anos.

O punto de encontro será o habitual no Souto e desde alí repartirémonos en grupos e endereitaremos cara as áreas de traballo. Teredes que estar alí ás 9:30 puntualmente. Disporemos auga fresca e uns petiscos a media mañán con café, froita e unhas madalenas. Remataremos contra as 14:00 pra xantarmos. Cremiña de verduras e lasagnas, ben sabedes. O albaroque acontecerá na terraza do Cabildo se o clima concorda, e se non habilitaremos o garaxe.

Na parte da tarde a Su impartirá un obradoiro sobre construcción de refuxios para entomofauna. A intervención encádrase no proxecto “De monte a monte”, unha iniciativa de Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela co apoio do programa Erasmus+ que promoverá nos próximos 18 meses accións de voluntariado, formación e partilla a ambos lados da raia.

Para vos apuntardes é imprescindible (alén de estardes inscritos como brigadistas) remitir un email para avlentille@gmail.com até o 12 de Novembro a máis tardar, comprometendo asistencia.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/16-de-novembro-a-desacaciacion-continua-en-lentille-o-ribeiro/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 29/10/2024 a las 10:44h

Sábado 9 de novembro: Deseucaliptización e ecovisita en Froxán (Lousame)

Apúntate ata o 7 de novembro

O sábado 9 de novembro terá lugar unha xornada especial en Froxán, na que adicaremos a primeira parte da mañá a visitar os avanzos de 7 anos de voluntariado ambiental coas Brigadas neste territorio a través dunha ecovisita que comezará no punto onde se lanzaron as Brigadas en abril de 2018.
A seguir continuaremos cos traballos de eliminación de rebentos de eucaliptos nunha zona de 5 hectáreas nas que plantaremos árbores e arbustos nativos o próximo inverno. Tamén aplicaremos as técnicas de permacultura para trazar liñas de infiltración de augua (“swale”) que serán executadas de xeito paralelo á plantación.
Ao finalizar teremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 7). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-9-de-novembro-deseucaliptizacion-e-ecovisita-en-froxan-lousame/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 29/10/2024 a las 10:43h

Sábado 2 de novembro: retomamos as Xornadas por un Monte Vivo en Leiro
Apúntate ata o día 31 de outubro

Logo da cancelación desta xornada polo temporal, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza recupera a programación da segunda Xornada por un monte vivo que terá lugar en Leiro (Rianxo), continuando o traballo de eliminación de rebentos de eucalipto que as Brigadas xa iniciaron nunha convocatoria anterior.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 31 de outubro un email a info@barbanzaecosocial.org

Este é o programa da xornada:
– 9:30 Traballos comunitarios en Leiro
Punto de encontro no estacionamento do cemiterio de Leiro
– 9:30 Pintura mural no refuxio para cabras (en paralelo aos traballos comunitarios)
Na esplanada detrás da Casa reitoral de Leiro
– 12:30 Visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF de Lourizán en Leiro
Coa intervención de: Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC Leiro; Beatriz Míguez Soto, técnica do CIF de Lourizán
– 13:30 Taller de transformación de madeira con aserradoiro portátil A cargo de la CMVMC Baroña
– 14:00 Demostración de pastoreo comunitario
– 14:30 Albaorque No Centro cultural Vicente Vidal
– 16:10 Presentación das recomendacións para o control de especies invasoras, elaborado pola CMVMC de Leiro
– 16:15 Presentación do libro do Laboratorio “Cando éramos sostibles”. Coa intervención de David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA
– 16:30 Charlas e debate
Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?
Xosé Carlos Castro García, axente facultativo ambiental da zona norte de Rianxo.
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza
Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal
Lucía R. Cao, Técnica da Fundación Montescola
Mobilidade comunitaria e comunidades enerxéticas
– 18:00 Peche das xornadas e fiesta e música a cargo de agrupacións locales

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-2-de-novembro-retomamos-as-xornadas-por-un-monte-vivo-en-leiro/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 10/10/2024 a las 14:03h

Domingo 20 de outubro: lanzamento do proxecto “De Monte a Monte” en Froxán (Lousame)

O 20 de Outubro lánzase en Froxán o proxecto “De monte a monte”, unha iniciativa de Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela co apoio do programa Erasmus+ que promoverá nos próximos 18 meses accións de voluntariado, formación e partilla a ambos lados da raia. Este será o programa da primeira xornada:

10:00 Início e apresentação da jornada
10:15-14:00 Atividade de restauração ambiental: eliminação de espécies exóticas invasoras e desenho de sistemas de permacultura para a infiltração de água (“swale”). Aplicaremos as técnicas de permacultura na restauração ambiental da valgada do Ramo Curvo, uma zona de 5 hectares onde eliminaremos rebentos de eucalipto e traçaremos linhas de infiltração de água (“swale”) de forma prévia à reforestação com árvores e arbustos nativos no próximo inverno.
14:00-16:30 Alvaroque de convívio
16:30 Espectáculo teatral “Dramón en Froxán” com A pequena compañía de nenos enormes. Espectáculo punki-paiaso desde o mundo rural, representando as vidas (fracasadas) de duas ativistas do ecologismo e movimentos libertários que vem como o mundo se transforma na distopia contra a que lutaram durante décadas. “Dramón” utiliza textos poéticos e cenas ásperas e absurdas para falar da destruição ambiental do mundo rural. Com a ajuda de textos e ideias de García Lorca, El niño de Elche, Javier Krahe y Alberto Pérez, Wislawa Szymborska, Mary Oliver, Bertol Brech, Roque Dalton, Eduardo Galeano, María Arnal, Ernesto Cardenal e Robe Iniesta.
19:00 Noite de morcegos com a Asociación Morcegos de Galicia. Atividade noturna para conhecer o mundo dos morcegos e o seu estudo. Aprenderemos a escutar e identificar a atividade deos morcegos através das suas emissões ultrasónicas e, se é possível, capturar algum exemplar para tomar dados biométricos e fisiológicos. A atividade ao ar livre decorrerá por zonas do monte de Froxán com colónias de morcegos e estará precedida por uma breve palestra introdutória.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 17). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomen dar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/domingo-20-de-outubro-lanzamento-do-proxecto-de-monte-a-monte-en-froxan-lousame/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 10/10/2024 a las 14:02h

Sábado 12 de outubro: eliminación conxunta de acacia negra nos monte de Araño e Campelo, Vilar e Cerqueiras (Rianxo)
As Brigadas voltan á carga nos montes veciñais do Araño e de Campelo, Vilar e Cerqueiras, desta vez nunha acción conxunta na que eliminaremos acacia negra nunha valgada no linde entre as dúas comunidades, na parte sur do Monte do Treito / Monte Muralla, coas vistas máis espectaculares da ría de Arousa. A xornada de Montescola encádrase nas actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 10 de xullo un email a info@montescola.org

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 10. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-12-de-outubro-eliminacion-conxunta-de-acacia-negra-nos-monte-de-arano-e-campelo-vilar-e-cerqueiras-rianxo/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 01/10/2024 a las 09:33h

Xornadas por un Monte Vivo, 5 e 6 de outubro en Rianxo, domingo 6, deseucaliptización en Rianxo

Domingo 6 de outubro: Eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo), como parte das Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música.

Dentro das Xornadas por un Monte Vivo organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza a realizar o 5 e 6 de outubro en Rianxo contaremos coo actividades das Brigadas Deseucaliptizadoras o domingo 6 de outubro coa eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo). As Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música e realizarase durante o fin de semana do 5 e 6 de outubro en Rianxo. Para vos apuntardes debedes enviar tres días antes de cada xornada email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/xornadas-por-un-monte-vivo-5-e-6-de-outubro-en-rianxo-domingo-6-deseucaliptizacion-en-rianxo/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 19/09/2024 a las 15:33h

21 e 29 de setembro: Deseucaliptizamos o río Tins (na Serra de Outes)

Este mes de setembro as Brigadas voltan con forza ao proxecto de restauración fluvial do río Tins, co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes no treito final antes da desembocadura no Esteiro do Tins, na ría de Muros e Noia (Rede Natura 2000).

As convocatorias do sábado 21 e domingo 29 de setembro enmárcanse no proxecto ReNatur_Outes, xestionada por Montescola, e nelas eliminaremos varias ducias de pes de eucalipto (Eucalyptus globulus), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor.

Estas accións buscan ademais preparar a zona para plantar árbores frondosas de ribeira o próximo inverno co CEIP de Outes. No día 29 aproveitaremos para apañar lixo das ribeiras como parte da XVII Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos. Cos toros de eucalipto elaboraremos cadeiras con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes.

As xornadas de voluntariado están abertas á participación do público en xeral, de calquera idade. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 20 de setembro (para a xornada do sábado 21) e ata o sábado 28 (para a xornada do domingo 29). Tamén podedes apuntarvos en ambas as dúas.

A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 14:00 aproximadamente, cando prepararemos unha merenda/albaroque á beira do río.

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/21-e-29-de-setembro-deseucaliptizamos-o-rio-tins-na-serra-de-outes/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 02/09/2024 a las 09:03h

7 de setembro: eliminación de acacia na ribeira do Ulla (Carcacía, Padrón)

As Brigadas estréanse o sábado 7 de setembro na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido, da parroquia de Carcacía (Padrón). Nesta primeira xornada eliminaremos acacia na ribeira norte do río Ulla, espazo da Rede Natura 2000, perto do Miradoiro de Lapido.

A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado ao longo do próximo ano e medio.

A xornada, que comezará ás 10:00, está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque.
https://www.verdegaia.org/wp/7-de-setembro-eliminacion-de-acacia-na-ribeira-do-ulla-carcacia-padron/


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 20/08/2024 a las 16:08h

Bioblitz, xornada de ciencia cidadá en Baroña o domingo 25 de agosto
O domingo dia 25 organizamos o primeiro Bioblitz em Baroña (Porto do Son). Trae o teu caderno e axuda na identificación da biodiversidade do monte de Baroña! da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola.

Inscreve-te en info@montescola.org até o dia 23.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 20/08/2024 a las 16:06h

24 de agosto: eliminación de acacia no monte da Cruz do Avelán (Dodro)
As Brigadas voltan ao Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Cruz do Avelán (Dodro), eliminando acacia negra o sábado 24 de agosto nunha valgada do rego do Pedregal, entre os lugares de Bustelo e Teaio (San Xoán de Laíño). Trátase dunha zona na que a Comunidade plantará árbores de ribeira o próximo inverno coas crianzas da escola local. Esta é a terceira intervención das Brigadas no monte da Cruz do Avelán, logo das accións no Castro de Bexo de 2018 e 2019.

A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado ao longo do próximo ano e medio.

A xornada, que comezará ás 10:00, está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque nun bar próximo.

Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 22 de agosto un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 07/06/2024 a las 16:42h

14 e 16 de xuño: As Brigadas chegan ao Courel para eliminar acacias

Logo do aterrador incendio de 2022 que arrasou máis de 12.000 hectáreas no Courel é o momento de actuar para evitar a propagación de focos de acacia que aumentaron a súa presenza neste espazo singular. Por iso, os días 14 e 16 de xuño as Brigadas desembarcan no Courel. Ambas as dúas actividades encádranse no proxecto “Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”.
Vilamor, venres 14 de xuño

Os días 14 de 15 de xuño organízase no Courel o II Encontro Burla Verde, con faladoiros, obradoiros, concertos, circo, danza e moito máis. O groso das actividades terás lugar en Esperante o sabado 15, mais o encontro comeza oficialmente o venres 14 ás 17:00 cunha intervención das Brigadas para eliminar mimosa en Vilamor. Utilizaremos o método de descasque ao tratarse de pés de pequeno tamaño.

Logo da intervención faremos o tradicional albaroque coa veciñanza de Vilamor. Se tendes previsto quedar ao Encontro Burla Verde e/ou ao voluntariado do domingo, podedes seguir camiño para Esperante (onde hai unha zona de acompada) ou Seoane (con varios aloxamentos), ou tamén quedar esa noite coas nosas anfitrioas de Vilamor, ben no aloxamento local ou acampando pola contorna (avisade se queredes facer isto último).
Paderne, domingo 16 de xuño

O domingo 16 a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza a tradicional Festa da Cantarela (ver aquí programa da edición do ano pasado). Como parte da programación da festa, ás 10:00 partiremos nun roteiro guiado pola contorna ata unha das manchas de acacia que ameazan con estenderse. Utilizaremos de novo o método de descasque. Estaremos de volta en Paderne a tempo para a inauguración da festa, coa degustación popular de tapas elaboradas con cantarela polas casas rurais do lugar e música.

Para apuntarse, o prazo límite para a actividade de Vilamor é o mércores 12 de xuño, dado que precisamos organizar o albaroque en función do número de participantes. Para a actividade do domingo en Paderne podédesvos apuntar ata o venres 14. En ambos os dous casos, o email para as incricións é info@montescola.org

VÉMONOS NO COUREL!!!


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 04/06/2024 a las 10:09h

8 de xuño: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)
O sábado 8 de xuño a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a continuar coa erradicación da invasora Helichrysum petiolare.

A técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar.

Traballaremos repasando a zona onde se actuou o ano pasado e atacaremos algún pés consolidados na contorna dos miradoiros, para estes últimos pode ser de utilidade a fouce e o sacho, a organización dispón dalgunha ferramenta máis as persoas voluntarias tamén poden traela se o desexan.

Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores. Se hai tempo farase un roteiro polas mámoas do monte e o recinto dos cabalos.

O punto de encontro será ás 9:00 h no Viso (Entre san Cristobal e Martín) hai unha explanada onde deixaremos os coches, fronte a ela un camiño que sube ó Chá e a 500 m comeza a zona de actuación.

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista http://verdegaia.org/brigadas/formulario-de-inscricion-como-brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com antes do venres 7 de xuño.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar: