Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:
6 de xuño: acción na Semana de Acción pola Natureza en Froxán (Lousame)
Apúntante até o xoves 4 e únete á Semana de Acción pola Natureza
As Brigadas únense á Semana de Acción pola Natureza que pomove iniciativas de restauración de proximidade para sensibilizar sobre a importancia de recuperar os nosos ecosistemas. Farémolo con 2 accións simultáneas no Monte do Chá (Ferrol) e no Monte de Froxán (Lousame).
As Brigadas abren unha nova frente de restauración no monte veciñal de Froxán, comezando a eliminación de eucalipto por volta do rego da Abelleira, que nace na turbeira de Campo de Lamas. Trátase dunha zona na que queremos plantar frondosas autóctonas a partir de decembro deste ano. Esta parte do monte ardeu no lume de 2006.
A roga comezará ás 10:00 e estará seguida do tradicional xantar de albaroque que celebraremos ao aire libre perto da zona dos traballos. Logo do alboroque, teremos o privilexio de contar co grupo de música Barahúnda que nos agasallará cun concerto baixo a sombra dos carballos, presentando o seu libro-disco “Fremosas”.
O prazo para se apuntar é o xoves 4 de xuño. Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/6-de-xuno-accion-na-semana-de-accion-pola-natureza-en-froxan-lousame/
Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:
Teaming-Manager
am 01/06/2026 um 09:40h