Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 23/04/2026 a les 17:37h

2 de Maio: a desacaciación continúa en Lentille (O Ribeiro)
A Asociación Veciñal de Lentille convoca as Brigadas mais outra vez para insistirmos no combate constante contra o frente de mimosa que asedia a aldea e inza a comarca. Desta volta traballaremos na estrema dos Cabos e na ladeira das Aradas onde o esforzo brigadista tanto avance ven asentando.

O punto de encontro será o habitual no Souto e desde alí repartirémonos en grupos e endereitaremos cara as áreas de traballo. Teredes que estar alí ás 9:30 puntualmente. Disporemos auga fresca e uns petiscos a media mañán con café e froita. Remataremos contra as 14:00 pra xantarmos. O albaroque acontecerá na terraza do Cabildo se o clima concorda, e se non habilitaremos o garaxe.

Para vos apuntardes é imprescindible (alén de estardes inscritos como brigadistas) remitir un email para avlentille@gmail.com até o 29 de Abril a máis tardar, comprometendo asistencia.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/2-de-maio-a-desacaciacion-continua-en-lentille-o-ribeiro/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar: