7 de marzo: plantación de carballos en Leiro (Rianxo)
A atividade busca crear faixas verdes para a prevención de incendios
As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) cunha nova acción para plantar carballos e crear faixas verdes de frondosas e axudar a crear unha paisaxe máis resiliente aos incendios.
Sairemos para a zona de traballos ás 10:00 desde o punto de encontro: o Centro Cultural Vicente Vidal: https://maps.app.goo.gl/AJ9deZCpHiFZmmsw6
A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o venres 6 de marzo enviando un email a: comunidademontesleiro@gmail.com
(Non se atenden inscricións por outras vías)
Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo.
Lembramos:
- Traer calzado e roupa apropiados para andar polo monte en inverno
- Traer ferramenta se tes: sachos, tesouras de podar, fouces, machadas. Ademais de plantar
realizaranse traballos de poda e eliminación de rebrotes.
- Traer luvas de protección para o manexo da ferramenta e tamén unha garrafa de auga.
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/7-de-marzo-plantacion-de-carballos-en-leiro-rianxo/
Teaming Manager
el 02/03/2026 a las 16:15h