Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.

Pour pouvoir faire un commentaire

Actualisation sur la cause

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

Hier à 09:40h

Eliminación de invasoras e plantación de frondosas no Pinar do Rei (Vilagarcía de Arousa), 21 de febreiro

As Brigadas estréanse en Vilagarcía e no Salnés (non era sen tempo!) o sábado 21 de febreiro, cunha intervención “multidisciplinar” no Pinar do Rei, unha parcela municipal con moita historia e que se pretende restaurar como Bosque Escola a través dun acordo entre o Concello e a Universidade de Vigo. Nesta primeira xornada eliminaremos acacia, eucalipto e cortadeira, podaremos frondosas e plantaremos árbores e arbustos autóctonas a partir de estacas.

Albaroque, se o tempo o permite, no propio monte. Apúntate até o mércores 18 de febreiro.

Para vos apuntardes, en todos os casos, debedes enviar email a info@montescola.org indicando a xornada ou xornadas nas que vos queredes apuntar. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/eliminacion-de-invasoras-e-plantacion-de-frondosas-no-pinar-do-rei-vilagarcia-de-arousa-21-de-febreiro/


Comparte

Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.

Pour pouvoir faire un commentaire