Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar:

Actualització de com va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

Ahir a les 09:32h

Xornada de río aberto: celebrando 3 anos de voluntariado ambiental no río Tins, Outes, 30 de xaneiro

Café, roteiro, conversa e petiscos para imaxinar un futuro fluvial

As Brigadas deseucaliptizadoras levan 3 anos colaborando co proxecto ReNatur_Outes, axudando a renaturalizar o treito urbano do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes. Neste tempo, eliminamos eucalipto, acacia negra, mimosa, robinia, tradescantia e crocosmia, ademais de recoller residuos e plantar centos de árbores e arbustos de ribeira.

Agora toca parar para celebrar e pensar como continuar co traballo feito até o de agora. Por iso convidámosvos á Xornada de Río Aberto que organizamos en Outes na tarde do venres 30 de xaneiro co seguinte programa:

16:00. Café de benvinda na Casa da Cultura de Outes
16:30. Arranca o roteiro para coñecer o bosque comestible e tres anos de actuacións a través dos paneis interpretivos que vimos de instalar.
18:00. Sesión participativa para trazar unha folla de ruta para o futuro do río Tins, na que queremos contar coas vosas achegas.
19:15. Petiscos
Apúntate até o mércores 28 de xaneiro enviando un email a info@montescola.org

Non pasa nada se aínda nunca participaches nos voluntariados de Outes. Seguro que para a próxima virás!

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/xornada-de-rio-aberto-celebrando-3-anos-de-voluntariado-ambiental-no-rio-tins-outes-30-de-xaneiro/


Comparte

Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.

Per comentar: