Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
Xornada de plantación de árbores autóctonas no Monte do Chá (Ferrol), 24 de xaneiro
As Brigadas deseucaliptizadoras volven ó Monte veciñal do Chá en Ferrol o sábado 24 de xaneiro 2026. Nesta xornada de traballo e convivio repoñeremos algunhas fallas da plantación grande de autóctonas que se fixo no 2022.
O terreo é chao polo que o traballo é asequible para todo tipo de voluntariado, animamos a participar a xente maior e crianzas, pois o obxectivo é o convivio de toda a veciñanza e persoas ligadas ó proxecto. O punto de encontro será ás 9:30 horas no Aparcadoiro de ASFEDRO O Confurco Doniños (Ollo! Non o de Caranza!!)
Desde aí subiremos a pé ou en vehículo todo terreo se alguén o precisa. De camiño poderemos ver os cabalos de pura raza galega, as tallas na pedra feitas no obradoiro de outubro e outras melloras no monte.
As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e guantes de traballo, a ferramenta a usar será o sacho e a laia que a organización poñerá a disposición d@s participantes.
Apúntate no correo comunidademontesdocha@gmail.com antes do 22 de xaneiro para facilitar a coordinación e o Xantar, este será ás 14:30 na Xunta Veciñal de Doniños, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/xornada-de-plantacion-de-arbores-autoctonas-no-monte-do-cha-ferrol-24-de-xaneiro/
Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
Teaming Manager
Hier à 19:09h