Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
Comeza ben o ano! Eliminación de invasoras en Leiro-Rianxo,17 de xaneiro
As Brigadas voltan ao monte veciñal de Leiro cunha nova intervención que terá lugar o sábado 17 de xaneiro de 10 a 14h na que descacaremos varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), nunha zona cun inmenso patrimonio arqueolóxico (máis dunha ducia de mámoas e petroglifos). Ao acabar, albaroque no Centro Cultural Vicente Vidal con churrasco e espetada vexetal.
Apúntate até o mércores 14 de xaneiro (Ollo! Xa é a semana que ven!). A xornada, coa Fundación Montescola, dá continuidade ao traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
Para vos apuntardes, en todos os casos, debedes enviar email a info@montescola.org indicando a xornada ou xornadas nas que vos queredes apuntar. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
Teaming Manager
le 08/01/2026 à 17:09h