Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar:

Actualización de cómo va la causa

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó

Teaming Manager

el 03/11/2025 a las 17:14h

As Brigadas deseucaliptizadoras teñen un mes de novembro cheo de actividades por todo o país. Tomade nota das datas e apuntádevos nos emails que aparecen indicados máis abaixo! Vémonos no monte!
Sábado 22 de novembro: Monte Santo André de Corcubión

A Asociación Ecosocial e Cultural Boca de Sapo precisa da nosa axuda para atallar os rebrotes de eucalipto no Monte Santo André de Corcubión, unha parcela de 16 hectareas recentemente deseucaliptizada. O Concello de Corcubión esta declarado concello libre de eucaliptos desde o 2017. Dentro deste marco a Asociación Boca de Sapo manten un acordo de custodia de territorio sobre dos terreos para favorecer a súa rexeneración ambiental, actuando sobre o Monte Cambeiro de Amarelle e o Monte Santo André. Recentemente realizouse unha tala de eucaliptos no Monte Santo André. Agora necesitamos impedir os rebrotes.

Para apuntarse é preciso enviar un email a bocadesapo.corcubion@gmail.com antes do mércores 19 de novembro.

Este será o programa da xornada:

9:30h Punto de encontro e benvida na parte alta do Monte Santo André (https://maps.app.goo.gl/9YCnu1yzXpUJHUbaA). Preparación das ferramentas
14.00h Recollida e peche da xornada
14:30 Xantar conxunto na Capela do Pilar de Corcubión (https://maps.app.goo.gl/ZB3XR73AGCibwYY26)

Domingo 23 de novembro: Roteiro ambiental en Froxán (Lousame)

As Brigadas levan xa case un cento de intervencións en Froxán desde 2017. Os resultados nótanse mais poucas veces tivemos oportunidade de volos mostrar. Por iso, o domingo 23 Verdegaia organiza un roteiro ambiental polo monte, da man dunha bióloga da asociación. Coñeceremos os hábitats e ecosistemas que restauramos e conservamos na última década e presentarémosvos a Martiño, Noa e Estrelada, pioneiras da grea do proxecto A volta das bestas.

O roteiro comezará ás 10:00 e faremos un piquenique no propio monte por volta das 14:00 (cada quen trae a súa comida). Podedes apuntarvos até o día antes (sábado 22) enviando un email a info@montescola.org
Sábado 29 de novembro: Monte de Mougás (Oia)

Voltamos á Serra da Groba para unha segunda acción deseucaliptizadora na orla dunha turbeira en proceso de restauración no Monte Veciñal en man Común de Mougás (Oia). Os traballos terán lugar entre as 9:30 e as 13:30, momento no que pararemos para visitar o Curro de Mougás da man das expertas en cabalos salvaxes do proxecto RURALtXA! e da propia comunidade.

A continuación celebraremos o tradicional xantar de albaroque no Curro de Mougás e, logo da sobremesa, visitaremos os queirogais e turbeiras da Comunidade de Minfo@montescola.orgontes de Lourenza para coñecer mellor a importancia destes ecosistemas e dos esforzos para a súa conservación e restauración.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 27).

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://verdegaia.org/brigadas/archivos/1400


Comparte

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.

Para poder comentar: