Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
25-26 de outubro: o Barbanza acolle o proxecto “De monte a monte” en Baroña e Froxán
Dous días de eliminación de invasoras, formación e convivio con comunidades e voluntarias da Galiza e Portugal nun novo encontro transfronteirizo
Logo da expedición das Brigadas á Serra da Estrela en abril/maio deste ano, desta volta tócanos facer de anfitrioas, acollendo as nosas parceiras de Figueiró da Serra, que nos devolven a visita o sábado 25 e o domingo 26 de outubro. Para iso, temos preparado un programa de actividades que se desenvolverán nos montes veciñais de Baroña (Porto do Son) e Froxán (Lousame).
As actividades forman parte do proxeto transfronteirizo Eramus+ “De monte a monte: territórios resilientes” promovendo os intercambios de traballo, formación, cultura e convivio entre iniciativas de combate ás espécies exóticas invasoras e á construción de territorios resilientes na Galiza e Portugal, xunto coas entidades parceiras Montescola (Gz) e Veredas da Estrela (Pt).
Programa
Sábado 25 (Baroña)
09:30 | Voluntariado (eliminación e rebrotes de eucalipto e acacia) e visita ao monte
14:00 | Albaroque na Casa Forestal de Baroña
16:30 | Visita ao Castro de Baroña e Praia de Area Longa
19:00 | Sesión de debate intercomunitario
21:00 | Cea (opcional)
Domingo 26 (Froxán)
10:00 | Voluntariado/formación (poda) e visita ao monte
14:00 | Albaroque
É posíbel apuntarse á actividade do sábado, á do domingo ou a ambas, mais é preciso indicar claramente no email. Tamén precisamos saber de antemán se tedes algunha restrición alimentaria e, no caso de vir no sábado, se ficaredes á cea. En todos os casos, a inscrición finaliza o mércores 22 de outubro (prazas limitadas).
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de preparar a comida.
Existe a posibilidade de acampar en exterior na zona da Casa Forestal de Baroña, que dispón de baños e aseos.
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/25-26-de-outubro-de-monte-a-monte-baronha-froxan/
Ce forum est réservé aux Teamers et aux Managers du Groupe.
Pour pouvoir faire un commentaire
Teaming Manager
le 08/10/2025 à 17:24h