10 de maio: As Brigadas axudan a por en valor o patrimonio cultural de Doade
E, pola tarde, andaina e ruada con música e petiscos
Os comuneiros e comuneiras de Doade e Xirarga (Beariz, Terra de Montes) precisan da nosa axuda para pór en valor e catalogararios elementos do patrimonio cultural e etnográfico do seu monte veciñal. Para iso acondicionaremos o acceso ao muiño Portafeixa, e a dous muíños que só descubriredes se vides, pasaremos pola ponte da Portafeixa co seu camiño empedrado, o pontillón do Portoespiño e algúns elementos da contorna. Tamén acondicionaremos o acceso a unha galería das antigas minas de volframio, para coñecer a biodiversidade que habita na galería.
Facemos un amplo chamamento a todas as persoas observadoras e coñecedoras de fauna e flora para acompañarnos durante toda a xeira, así coma fotógrafas e naturalistas para documentar os muíños, a ponte, o camiño e a fauna e flora local.
Para apuntarse é preciso enviar un email antes do xoves 8 de maio ao enderezo electrónico: symbiosexestion@gmail.com
Este será o programa da xornada:
9:30h Punto de encontro na praia fluvial de Doade, café e almorzo, preparar as ferramentas
10:00h Saída ao monte dende a praia fluvial.
Durante toda a xornada estaremos acompañados por Pichi do colectivo Luita Verde, coñecedor de plantas e animais protexidos e en especial anfibios.
14:30 Volta a la praia fluvial de Doade
15:00-17:00: Xantar na Casa do Pobo de Doade. Haberá ensalada de pasta e Finsadinha pra comer, viño do Rosal e auga da fonte do Farauto. Non esquezas traer o teu instrumento e moitas ganas de botar uns bailes!
17:00h-19:00 Andaina para coñecer o espazo da futura Aula-observatorio da Natureza.
A partir das 20:00 Ao remate animamos a toda a xente a asistir á Ruada do Seixido, música e petiscos de balde! Non faltes! Organizado polas pandereteiras Nabal da Prata (O Seixido).
Que fai falla traer?
Auga ou bebida para hidratarse, roupa e calzado adecuado pra andar polo monte, luvas, lentes de protección e tamén algunha ferramenta manual coma tesoira de poda, serrote, fouce, machada… Disporemos de algunhas ferramentas e tamén de motoserras e rozadoiras para a xente mais intrépida!
Para as brigadistas que participan na Xornada no monte veciñal de Doade crearanse Sabias (moeda social). Haberá aloxamentos e alimentos dispoñibles en Sabias pola zona.
Son anfitrioas da xornada no monte veciñal de Doade a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Doade, SOS Suído Seixo/Mina Alberta NON, coa colaboración de Symbiose Xestión Natural S.Coop. Galega (A Lama).
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/10-de-maio-as-brigadas-axudan-a-por-en-valor-o-patrimonio-cultural-de-doade/
This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:
Teaming Manager
on 03/05/2025 at 09:33h