As Brigadas deseucaliptizadoras, organizadas por Verdegaia, coordenan accións de voluntariado ambiental en colaboración con titulares de terrenos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante erradicación destas especies e substitución por autóctonas de alto valor ambiental co obxectivo de que as zonas intervidas non volvan arder e que axuden como zonas protectoras, servindo como cortalumes verdes e corredor de biodiversidade.
Contribución ao proxeto de deseucaliptización das comunidades de montes e terrenos apoiados polo voluntariado das Brigadas Deseucaliptizadoras creadas por Verdegaia
Publicado em
02/12/2019
Página web:
https://linktr.ee/verdegaiagz
25 de maio: Deseucaliptización en Leiro (Rianxo)
A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza
As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) da man do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.
A intervención terá lugar o sábado 25 de maio de 9:30 a 14:00, na que machacaremos rebentos de eucalipto e descacaremos varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), nunha zona cun inmenso patrimonio arqueolóxico (máis dunha ducia de mámoas e petroglifos).
Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo e, de tarde, as participantes poden quedar nalgunha das praias da parroquia como a das Cunchas ou Porrón.
A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 23 de maio enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.
VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/25-de-maio-deseucaliptizacion-en-leiro-rianxo/
0 Comentários
Buenas. Acabo de unirme al grupo y veo que no hay modo de hacer aportaciones extraordinarias más allá del consabido euro. Me dirijo al Team Manager para preguntarle si habéis contemplado esta posibilidad y habilitado algún medio de concretarla. Gracias, un saludo y mucho ánimo. Gran labor!
4 Comentários
Data de publicação
10/12/2018
Criado por
Verdegaia
Tipo de Grupo
ONG
Âmbito
Defensa e protección do ambiente
País
Espanha