Brigadas Deseucaliptizadoras

Brigadas Deseucaliptizadoras

117  Teamers
5 974 € angariados

As Brigadas deseucaliptizadoras, organizadas por Verdegaia, coordenan accións de voluntariado ambiental en colaboración con titulares de terrenos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante erradicación destas especies e substitución por autóctonas de alto valor ambiental co obxectivo de que as zonas intervidas non volvan arder e que axuden como zonas protectoras, servindo como cortalumes verdes e corredor de biodiversidade.

Projeto apoiado

Brigadas Deseucaliptizadoras

Verdegaia - Brigadas Deseucaliptizadoras

Contribución ao proxeto de deseucaliptización das comunidades de montes e terrenos apoiados polo voluntariado das Brigadas Deseucaliptizadoras creadas por Verdegaia. Os fondos recadados para o proxecto son destinados á compra e adquición de árbores autóctonas (1,5 a 3€) e as ferramentas para o traballo no monte: desbrozadoras, serras eléctricas, fouces, machados, tesouras, luvas, enxadas... (até 150-300€). Puntualmente é necesario contratar o traballo de un tractor para recoller a leña . Axúdanos con 1€/mes, ta túa colaboración é imprescindíbel para o traballo das Brigadas!


Publicado em
02/12/2019

Página web:
https://linktr.ee/verdegaiagz

Atualizações do Grupo

João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó
Teaming Manager

26/01/2026 09:32 h

Xornada de río aberto: celebrando 3 anos de voluntariado ambiental no río Tins, Outes, 30 de xaneiro

Café, roteiro, conversa e petiscos para imaxinar un futuro fluvial

As Brigadas deseucaliptizadoras levan 3 anos colaborando co proxecto ReNatur_Outes, axudando a renaturalizar o treito urbano do río Tins ao seu paso pola Serra de Outes. Neste tempo, eliminamos eucalipto, acacia negra, mimosa, robinia, tradescantia e crocosmia, ademais de recoller residuos e plantar centos de árbores e arbustos de ribeira.

Agora toca parar para celebrar e pensar como continuar co traballo feito até o de agora. Por iso convidámosvos á Xornada de Río Aberto que organizamos en Outes na tarde do venres 30 de xaneiro co seguinte programa:

16:00. Café de benvinda na Casa da Cultura de Outes
16:30. Arranca o roteiro para coñecer o bosque comestible e tres anos de actuacións a través dos paneis interpretivos que vimos de instalar.
18:00. Sesión participativa para trazar unha folla de ruta para o futuro do río Tins, na que queremos contar coas vosas achegas.
19:15. Petiscos
Apúntate até o mércores 28 de xaneiro enviando un email a info@montescola.org

Non pasa nada se aínda nunca participaches nos voluntariados de Outes. Seguro que para a próxima virás!

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/xornada-de-rio-aberto-celebrando-3-anos-de-voluntariado-ambiental-no-rio-tins-outes-30-de-xaneiro/

Ver o comentário todo


0 Comentários

Comenta

Ver todas as atualizações

Últimos comentários

José Antonio Moldes
Teamer

19/05/2019 01:14 h

Buenas. Acabo de unirme al grupo y veo que no hay modo de hacer aportaciones extraordinarias más allá del consabido euro. Me dirijo al Team Manager para preguntarle si habéis contemplado esta posibilidad y habilitado algún medio de concretarla. Gracias, un saludo y mucho ánimo. Gran labor!

Ver o comentário todo


4 Comentários

Comenta

Ver todos os cometários

Angariados

Total angariado até agora:
5 974 €
Doamos até agora:
5 639 €
Valor angariado para o projeto
335 €
Consultar o histórico de angariações

Informação

Data de publicação
10/12/2018

Criado por
Verdegaia

Tipo de Grupo
ONG

Âmbito
Ambiente

País
Espanha

Partilha nas redes sociais

Copia e cola o URL

https://www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoras