Con este grupo queremos axudar a financiar o programa "Empoderamento de mulleres II" en Tiruchy que Implicadas ten en Támil Nadu (India). Dende 2013 Implicadas e a súa compañera local PDI traballan en 5 aldeas e 5 suburbios do distrito de Tiruchirapalli cunha visión integral da erradicación da pobreza dende o xénero e atendendo ás migracións rurais-urbanas. O proxecto céntrase en crear grupos de axuda mutua (GAM) entre as mulleres e concienciar sobre saúde e cuestións de xénero.
O obxectivo de EMPODERAMENTO DE MULLERES II é contribuír á erradicación da pobreza en 5 suburbios e 5 aldeas do distrito de Tiruchirapalli a través do empoderamento das mulleres desde unha perspectiva económica, social, política e de xénero. O programa traballará o empoderamento dende un punto de vista individual e comunitario. É dicir, incluiranse actividades para a mellora da situación económica, educativa, sanitaria e de dereitos das mulleres e sensibilización de xénero de toda a comunidade.
Publicado el
22/01/2016
Más información
Ver Documento
Página web:
http://www.implicadas.com
Fecha de publicación
22/01/2016
Tipo de Grupo
ONG
Ámbito
Cooperación Internacional
País
España
Provincia
A Coruña