Teaming Manager dal: 31/08/2018
Organización medioambiental creada en defensa y conservación de la biodiversidad de nuestra geografía y, en particular, del lobo ibérico.
Teamer da: 27/10/2020
As Brigadas deseucaliptizadoras organizan e coordenan accións de voluntariado ambiental en colaboración con titulares de terrenos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante erradicación destas especies e a substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico co obxectivo de que as zonas intervidas non volvan arder e que axuden como zonas protectoras, servindo como cortalumes verdes e corredor de biodiversidade.
Teamer da: 13/01/2022
REBINXE é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 da man de profesorado e exalumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo. Supón a continuidade fóra das aulas dun proxecto de educación ambiental que comezou no 2017. REBINXE é o acrónimo de Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural, e ao mesmo tempo significa rebeldía, porque cremos que cómpre rebelarse contra a destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico e loitar por un rural con futuro.