InvestiGal

InvestiGal

26  Teamers
41 € raccolto

InvestiGal, nacida en 2020, reúne a investigadoras e investigadores que loitan por unha carreira digna, igualitaria e con futuro. Traballamos voluntariamente pola defensa da ciencia galega. As achegas en Teaming axúdannos a visibilizar problemáticas, crear materiais, organizar actividades, colaborar con outras asociacións e cubrir gastos básicos. Con só 1€ ao mes contribúes a unha ciencia galega máis xusta, igualitaria e recoñecida.

Progetto che sosteniamo

Para que empregaremos os fondos recadados

InvestiGal

En InvestiGal traballamos de forma totalmente voluntaria, organizándonos en grupos de traballo que poñen tempo e esforzo en defensa da ciencia galega. As achegas do Teaming servirán para: • Dar visibilidade ás problemáticas da investigación en Galicia e ás nosas propostas para mellorar o sistema científico. • Elaborar e difundir materiais (informes, campañas, recursos de divulgación) que transmitan as nosas demandas á sociedade e ás institucións. • Organizar actividades e encontros que fomenten a participación da comunidade investigadora e dean voz ao noso traballo. • Colaborar con outras asociacións a nivel estatal, sumando forzas e accións con colectivos que tamén defenden unha carreira investigadora digna e con futuro. • Cubrir gastos básicos de funcionamento da asociación (plataformas de comunicación, xestión e coordinación interna), garantindo sempre a máxima transparencia.


Pubblicato il
21/09/2025

Pagina Web
https://investi.gal/

Cifra raccolta

Totale raccolto:
41 €
Elenco dei contributi

Informazione

Data di pubblicazione
21/09/2025

Paese:
Spagna

Regione:
A Coruña

Condividi sulle tue reti social

Copia incolla la URL

https://www.teaming.net/investigal