Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.
Estimadas colaboradoras.
Como xa notariades, parei esta recadación hai uns meses. Non quixen que a cantidade de diñeiro aumentase moito e puidese causar problemas coa miña declaración da renda. Semella que isto está máis feito para asociacións e, polo momento, non contemplo a idea de montar unha.
Primeiro, G R A Z A S polo voso apoio e confianza.
Segundo, que un acordo de colaboración con Dinahosting afórrame agora os gastos de servidor.
Terceiro, que o diñeiro recadado irá destinado ao pago de dous anos de dominio web e unha caña á vosa saúde.
Saúdos orelludos,
Pepe C.
Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.
Queridas teamers
Estou a actualizar a listaxe de https://abretedeorellas.com/artistas-galegas/ e tras ela seguirei coa de webs amigas https://abretedeorellas.com/webs-amigas-2/
Toda achega é benvida
Saúdos orelludos
Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.
Queridas colaboradoras
Xa podedes ver como mudou a web tras a renovación que estades a apoiar. Estamos aínda mellorando detalles como a axenda de concertos, a listaxe de webs amigas e artistas ... así que agradecemos todo tipo de suxestións, críticas, comentarios ... Todo para seguirmos a mellorar e ofrecer un mellor servizo para todas, que é do que se trata.
Saúdos orelludos
Aquest fòrum és únicament pels Teamers i Teaming Managers del Grup.
Teaming Manager
el 23/03/2023 a les 16:18h