Santuario Animal Vacaloura

Teamers: 646

Raised: 39,318€

Update of the cause
Santuario Vacaloura ONG
Santuario Vacaloura ONG , Teaming Manager, on 14/07/2018  at 19:55h

Ola, Vacaloure!

Escribímosche para contarche algo importante. Desde hai un tempo, as froiterías do mercado onde recollíamos para alimentación dos animais a froita e verdura sobrante non apta para a venda deixaron de doarnos eses alimentos e non conseguimos atopar outro estabelecemento que poida doarnos a cantidade necesaria para os 200 animais refuxiades en Vacaloura.

A alimentación con produtos frescos é imprescindíbel para a saúde e benestar dos animais. As súas vitaminas e nutrintes son necesarios, e teñen menos calorías que o penso e unha maior dixestibilidade. Para algunhas especies é fundamental para prolongar a súa vida (nalgúns casos chega a duplicar a súa esperanza).

Desde que deixaron de doarnos esa froita e verdura sobrante, temos dificultades para conseguir esa alimentación fresca absolutamente necesaria. Non temos ingresos suficientes para facernos cargo de mercala. Por iso che pedimos a ti, que nos axudas coa túa achega de 1 euro ao mes, que fagas un pequeno esforzo máis, de 1 euro mensual, sumándote ao novo grupo teaming que creamos (Santuario Vacaloura – Alimentación: https://www.teaming.net/santuariovacaloura-alimentacion ). Para poder cubrir correctamente as necesidades nutricionais dos 200 animais que acollemos precisamos 400 euros ao mes. 400 persoas que nos doen 1 euro ao mes. A túa achega é importantísima para que estes animais poidan ter unha vida plena e longa.

Moitas grazas sempre pola túa axuda.

Máis información neste vídeo: https://www.facebook.com/vacalourasantuarioanimal/videos/877277049122286/

Non te podes perder a petición de axuda de Xulia, a porquiña terrorista: https://www.facebook.com/vacalourasantuarioanimal/photos/a.166527176863947.1073741831.165441080305890/914350345414956/?type=3&theater

Hola, Vacaloure!

Te escribimos para contarte algo importante. Desde hace un tiempo, las fruterías del mercado donde recogíamos para alimentación de los animales fruta y verdura sobrante no apta para la venta dejaron de donarnos esos alimentos y no conseguimos encontrar otro establecimiento que pueda donarnos la cantidad necesaria para los 200 animales refugiades en Vacaloura.

La alimentación con productos frescos es imprescindible para la salud y bienestar de los animales. Sus vitaminas y nutrientes son necesarios, y tienen menos calorías que el pienso y una mayor digestibilidad. Para algunas especies es fundamental para prolongar su vida (en algunos casos llega a duplicar su esperanza).

Desde que dejaron de donarnos esa fruta y verdura sobrante, tenemos dificultades para conseguir esa alimentación fresca absolutamente necesaria. No tenemos ingresos suficientes para hacernos cargo de comprarla. Por eso te pedimos a ti, que nos ayudas con tu aportación de 1 euro al mes, que hagas un pequeño esfuerzo más, de 1 euro mensual, sumándote al nuevo grupo teaming que creamos (Santuario Vacaloura - alimentación https://www.teaming.net/santuariovacaloura-alimentacion ). Para poder cubrir correctamente las necesidades nutricionales de los 200 animales que acogemos necesitamos 400 euros al mes. 400 personas que nos donen 1 euro al mes. Tu aportación es importantísima para que estos animales puedan tener una vida plena y larga.

Muchas gracias siempre por tu ayuda.

Más información en este vídeo: https://www.facebook.com/149930131884357/videos/824591514418212/

No puedes perderte la petición de ayuda de Xulia, la cerdita terrorista: https://www.facebook.com/149930131884357/photos/a.151995791677791.1073741828.149930131884357/855656187978411/?type=3&theater

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment: