Estimadas colaboradoras.
Como xa notariades, parei esta recadación hai uns meses. Non quixen que a cantidade de diñeiro aumentase moito e puidese causar problemas coa miña declaración da renda. Semella que isto está máis feito para asociacións e, polo momento, non contemplo a idea de montar unha.
Primeiro, G R A Z A S polo voso apoio e confianza.
Segundo, que un acordo de colaboración con Dinahosting afórrame agora os gastos de servidor.
Terceiro, que o diñeiro recadado irá destinado ao pago de dous anos de dominio web e unha caña á vosa saúde.
Saúdos orelludos,
Pepe C.
Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Teaming Manager
il 23/03/2023 alle 16:18h