Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.

Per commentare:

Commento

1 Commenti

MARIA OTERO VILA

Teamer

il 25/02/2026 alle 11:08h

Dende a visita da escola de Denis o venres pasado, Enzo non para de pedirme que quere colaborar para axudar aos gatiños. Así que aquí tedes o seu euro ao mes, que me pediu quitar da súa paga.
Moitas grazas pola vosa labor e por concienciar aos pequenos da importancia de axudar.

Saudiño!!


Comparte

Gatopía Salceda

Teaming Manager

il 03/07/2026 alle 09:43h

Que emoción ler unha mensaxe así!

Moitísimas grazas a Enzo polo seu xeneroso xesto e tamén a vós por apoiar e fomentar esa sensibilidade. Ese euro ao mes ten un valor enorme, non só pola axuda que supón para os gatiños, senón porque nace do seu propio corazón e das súas ganas de colaborar.

Mensaxes como a vosa recórdanos por que merece tanto a pena levar este proxecto ás escolas. Saber que os pequenos empatizan cos animais e queren formar parte do cambio é o mellor agasallo que podemos recibir.

Dádelle unha aperta moi forte a Enzo da nosa parte e dicídelle que os gatiños lle están moi agradecidos. Grazas de todo corazón por formar parte desta pequena gran familia.

Unha aperta grande!

Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.

Per commentare: