Comentario
Ateneo Engranaxe
Ateneo Engranaxe, Teaming Manager, el 20/05/2018  a las 22:24h

Vila Engranaxe:
Creamos este teaming co obxectivo de poder autofinanciarnos, sen depender de subvencións nin de ningunha administración, mantendo a plena autonomía. A túa colaboración é necesaria para poder financiar as distintas actividades e o pago do aluguer do local que, como preacarixs que somos no económico, require de moitos esforzos.

Cremos que a existencia dun ateneo libertario é moi necesario para Lugo, co fin de fomentar a cultura libre, o debate e o pensamento crítico. Un proxecto que, a través de recitais, palestras, talleres, proxeccións e dun humilde fondo bibliotecario (que coa túa axuda pode aumentar), pretende facer do barrio un lugar máis humano, no que persoas de diferentes culturas e xeracións poidan compartir coñecementos, experiencias e sentimentos de solidariedade e apoio mutuo propagando as ideas libertarias. Más info na nosa web: http://engranaxe.org/o-ateneo

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.
Para poder comentar: