A Enfermidade Renal Crónica (ERC) é unha realidade bastante descoñecida pero que xa afecta a máis do 15 % da poboación diariamente. Detrás de cada diagnóstico hai unha historia de esforzo, tratamentos constantes e mesmo transplantes que supoñen cambios inesperados nas súas vidas. En Alcer Galicia traballamos para que ningunha persoa nin familia teña que pasar por todo isto soas, mellorando tamén a súa calidade de vida e garantindo un acceso igualitario aos servizos sociosanitarios.
-Reivindicar e pedir o cumprimento dos dereitos como pacientes das persoas con ERC. -Potenciar espazos de desenvolvemento educativo, para persoas con ERC nas cuestións que lles afectan: ámbito laboral, nutricional, social… -Desenvolver xornadas ou encontros nos que as persoas con ERC coñezan os beneficios da práctica de actividade física e de levar hábitos de vida saudables -Servir de referente ás persoas con ERC, en calquera dos seus estadios. As consulta ERCA nos servirán de achegamento a unha parte do colectivo e as do seu entorno. -Levar a cabo programas de educación en materia de doazón e transplante. -Representar as demandas das asociacións ante a Administración pública de forma que se preserven os dereitos. -Crear espazos de formación continua para as asociacións membros da Federación. -Implementar estudos e investigación que facilite o traballo posterior, así como a mellora da calidade de vida das persoas con ERC.
Veröffentlicht am
25/02/2026
Datum der Veröffentlichung
25/02/2026
Feld
Behinderung
Hilfe für Kranke
Kinder und Jugend
Land
Spanien
Region
A Coruña