Cambia de papel con Implicadas

Cambia de papel con Implicadas

7  Teamers
1 165 € angariados

Implicadas é unha ONGd que traballa dende 1998, apoiando proxectos de desenvolvemento na India. Traballamos na sensibilización da cidadanía, na presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento. Abrimos portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Poñemos en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade e na autosuficiencia das comunidades, man a man coas organizacións civís do Sur.

Projeto apoiado

Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (India)

Implicadas No Desenvolvemento (www.implicadas.net)

Con este grupo queremos financiar parte do noso Proxecto para a Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (sur da India), onde por cada 1.000 nenos nacidos morren 200 nenas só por mor do seu sexo. A túa achega contribuirá ao programa de teatro de rúa co que pretendemos eliminar os prexuízos nos que se fundamentan esta e outras formas de violencia tan nocivas. O programa, que chegará a 30.000 persoas, contribuirá a salvar e cambiar moitas vidas. Únete e cambia ti a túa. Cambia de papel!


Publicado em
29/06/2012

Mais informação
Ver Documento

Página web:
http://www.cambiadepapel.com/?sec=56

Últimos comentários

Blanca Rodríguez Rodríguez
Blanca Rodríguez Rodríguez
Teamer

02/07/2012 13:14 h

Gustaríanos moito saber como chegades a este grupo, se por uha empresa, unha asociación, amizades... E, sobre todo, que che fixo apoiar a inciativa. Dos vosos comentarios podemos sacar boas ideas para facer medrar o grupo!

Ver o comentário todo


1 Comentários

Comenta

Ver todos os cometários

Angariados

Total angariado até agora:
1 165 €
Doamos até agora:
1 046 €
Valor angariado para o projeto
119 €
Consultar o histórico de angariações

Informação

Data de publicação
29/06/2012

Tipo de Grupo
ONG

Âmbito
Cooperação internacional
Derechos humanos

País
Espanha

Região
A Coruña

Partilha nas redes sociais

Copia e cola o URL

https://www.teaming.net/cambiadepapelconimplicadas