A Asociación “Asemblea de Investigadoras de Compostela” (AIC) fúndase en 2017 como lugar de encontro onde poder debater sobre as diferentes problemáticas que afectan ao colectivo investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Ten como obxectivo principal defender os dereitos e aspiracións dunha carreira profesional digna das persoas investigadoras da USC.
A AIC funciona financeiramente cunha pequena caixa de recursos propios e unha axuda anual para asociacións da USC. Con pequenas doazóns, poderemos reforzar a nosa actividade e ampliar o noso impacto. Estes fondos permitirannos desenvolver campañas divulgativas sobre a situación da investigación e organizar actividades para fortalecer a rede investigadora e fomentar a reflexión colectiva. Ademais, poderemos crear materiais para visibilizar a situacións das investigadoras e reclamar unhas condicións dignas. Co teu apoio poderemos seguir defendendo unha ciencia máis xusta e con futuro.
Publié le
26/03/2025
Page Web :
https://asembleadeinvestigadoras.gal
Date de publication
26/03/2025
Type de Groupe
Autre
Domaine
Recherche
Pays
Espagne
Région
A Coruña