1 € ao mes para seguir estando — AGPAS;

1 € ao mes para seguir estando — AGPAS;

3  Teamers

En AGPAS; combatemos o estigma da vulnerabilidade e defendemos que pedir axuda nunca sexa motivo de vergoña. Desde a nosa sede central na vila de Noia, chegamos a toda Galicia con espazos cedidos, oficinas alugadas e presenza en cidades, vilas e parroquias. Con 1 € ao mes axúdasnos a manter a atención telefónica 24 h, os desprazamentos, os materiais e as accións gratuítas que actualmente non reciben financiamento público.

Destinamos la recaudación a:

Soster a atención 24 h, a sede e a prevención de AGPAS; en Galicia

Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio (AGPAS;)

En AGPAS; non queremos pedirche 1 € sen explicarche antes onde vai. O mínimo imprescindible para manter a central que xestiona e distribúe as chamadas, as liñas de atención, a sede de Noia, as subministracións, os gastos bancarios e os 85 € mensuais do seguro da nosa rede de voluntariado ascende actualmente a 592,39 € ao mes. Cando dispoñemos de recursos, destinamos ademais entre 300 € e 900 € mensuais a materiais preventivos, charlas, dinámicas, desprazamentos por cidades, vilas e parroquias de Galicia e outros proxectos. En aproximadamente o 90 % destas accións, os custos son asumidos pola propia entidade. O custo real dun mes de actividade sitúase entre 892,39 € e 1.492,39 €. Estes gastos non reciben financiamento público. AGPAS; presenta anualmente as súas contas e os libros contables anteriores poden solicitarse en asociacion@stopsuicidiogalicia.org. Aquí explicaremos canto se recada e a que se destina. Moitas persoas achegando 1 € poden axudarnos a seguir estando.


Publicado el
13/07/2026

Recaudado

Hemos recaudado hasta hoy:
0 €
Ver detalle de recaudaciones

Información

Fecha de publicación
13/07/2026

Creado por
Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio

Tipo de Grupo
ONG

Ámbito
Familias
Infancia y Juventud
Prevención do suicidio e apoio social

País
España

Comparte en tus redes sociales

Copia y pega la URL

https://www.teaming.net/agpas