Actualización de cómo va la causa
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, el 02/01/2024  a las 15:09h

Ola!

Este personaxe que vedes aquí chámase Buracolo Pinchón. É un ser mitolóxico creado en conxunto por todas as persoas participantes, de aí que sexa tan diverso. Que non vos engane a súa cara, realmente é un bromista! Queres saber máis del?

Pois contarémosvos que o Buracolo Pinchón é un ser mitolóxico que vive nos montes galegos, pero por mor da globalización tivo que aprender a vivir tamén en cidade.
Ten corpo como de lagarto, cheo de escamas verdes, moitas patas e un enorme ollo no medio da cabeza cheo de ollos máis pequenos, morro de porco, dentes de tiburón e na testa un gran corno, coma o colmillo fun porco bravo. As súas dúas colas e patas están cubertas por pinchos coma os dos ourizos e son iridiscentes.
Este ser dedícase a facer buracos no chan co seu rabo pinchón e despois os tapa mal por diversión. Cando a xente camiña e cae dentro dun deles terá boa sorte.
Se quixeras chamar a un buracolo pinchón terás que emitir un son que só el escoita, e que moi pouca xente coñece...

Feliz Ano!!

Este foro sólo es para los Teamers y Teaming Managers del Grupo.
Para poder comentar: